Os sistemas de protección nas películas en DVD era
unha das apostas da industria cinematográfica polo formato (aínda que se podía
evitar de xeito doado) pero agora parecen querer flexibilizar a súa política
nos formatos Blu-ray e HD DVD, xa que están a negociar a incorporación dunha tecnoloxía
DRM de AACS coñecida coma managed copy
e que permitiría a realización de copias limitadas dos discos, o que sería unha
interesante vantaxe para os consumidores, que poderían adaptar as películas
mercadas para poder velas noutros dispositivos (coma o PC).
Este novo xeito de protexer os contidos dos discos con películas de alta
definición podería
chegar ó mercado este ano, aínda que o feito de que a protección actual
destes discos xa se rachase non auspicia moito futuro ós novos sistemas.
O discos Blu-ray e HD DVD poderían permitir copias limitadas
Compartir Este Artigo

