O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) vén de publicar os resultados da última enquisa a empresas para analizar a implantación e o uso das TIC e do comercio electrónico, para o se consultou a 1.686 empresas. Dende a Axencia de Modernización de Galicia quixeron destacar entre os datos recollidos o das microempresas que dispoñen de conexión á Internet contratada, que entre as empresas de 10 ou máis traballadores medrou un 17,6% dende 2010 de xeito que 3 de cada 4 microempresas terían acceso á Rede.
Segundo o estudo do OSIMGA, o 96% das empresas de 10 e máis asalariados e o 67,5% das microempresas galegas dispón de banda larga contratada. Considerando só as empresas con conexión a Internet, a banda larga elévase ao 93,2% nas microempresas.
No período 2010-2012, a banda larga experimentou un incremento do 12,5% entre as microempresas galegas e do 3,9% nas empresas de 10 e máis empregados. Destaca especialmente o aumento da banda larga móbil, que era case inexistente no ano 2010, e que agora empregan o 11,8% das microempresas e o 23,9% das empresas de 10 e máis empregados con conexión a Internet no ano 2012.
As actuacións impulsadas pola Administración, a través do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia, para a ampliación de cobertura de servizo de banda larga, especialmente nas zonas máis rurais, tamén contribuíron a mellorar a calidade da conexión á Rede. O 72,8% das empresas de 10 e máis empregados e o 69,8% das microempresas con conexión a Internet ten contratada unha velocidade superior a 2 Mpbs, sendo significativo o incremento experimentado no tramo de velocidade superior a 10 Mbps, que crece máis de 14 puntos no caso das microempresas e máis de 7 no caso das empresas de máis de 10 empregados.
Informe publicado polo OSIMGA sobre a Sociedade da Información nas empresas galegas
O 75% das microempresas galegas ten contratado un servizo de acceso á Internet
Compartir Este Artigo
