Para as empresas é cada vez máis importante a información que aparece sobre as mesmas (datos, imaxes, rexistros, comentarios…) na Internet, composta por contidos xerados tanto pola propia firma como por persoas alleas, no que constitúe unha identidade dixital que pode traducirse nunha reputación, temas que vén de abordar INTECO nunha guía que pode descargarse de balde da súa páxina web en formato PDF e que busca dar a coñecer os principais aspectos relacionados coa privacidade e seguridade e achega pautas para a correcta creación e xestión da identidade dixital corporativa.
A guía para empresas analiza os conceptos de identidade dixital e reputación en liña no ámbito empresarial, describindo e exemplificando situacións de risco dende o punto de vista da seguridade e privacidade que poden provocar un impacto na reputación da organización. Tamén se afonda no marco legal que asiste ás organizacións que viron danada a súa reputación en liña e achéganse pautas e recomendacións de xestión da presenza da empresa na Rede e de control dos impactos na reputación.
Guía para empresas publicada por INTECONa guía inclúense datos como que os 26,8% das empresas consultadas teñen presenza nalgunha rede social, optándose habitualmente por Facebook (o 88,7%), Twitter (29,6%), Gogole+ (10,3%), LinkedIn (10,1%) e YouTube (9,8%), asegurando os responsables destas compañías que confían bastante nas redes sociais (puntuándoas nun 6,9 sobre 10).
INTECO publica unha guía para empresas sobre identidade dixital e reputación en liña
Compartir Este Artigo
