Xuntanza de blogueiros na cidade do Lérez Planeta Pontevedra, un blog creado por tres compañeiros “con inquedanzas informáticas” que recolle un resumo das bitácoras escritas dende a cidade do Lérez, vai celebrar o vindeiro venres 13 de xuño a II Beers&Blogs, unha reunión de tódolos seus integrantes que por primeira vez se verán “de ti a ti” para poñerlles caras ós seus cadernos en liña.
Esta xuntanza terá lugar na cafetería Hippo (situada na Praza de Barcelos) ás 20:00 horas e poderá acudir calquera blogueiro que, segundo palabras dos organizadores, “non sexa tímido” e queira compartir un anaco de lecer con eles.
Xuntanza de blogueiros na cidade do Lérez
Compartir Este Artigo
