A aceleradora incubadora coruñesa especializada proxectos informáticos, aplicacións móbiles e web, Zarpamos, súmase ao proxecto NACCE e ofrece ao gañador ser unha das empresas incubadas achegándolle asesoramento empresarial, fiscal e xurídico, estancia de balde nas súas instalacións xunto a outros emprendedores, mentorización, formación e 6.000 euros en capital semente, pasando a ser socia minoritaria da empresa que se forme cos emprendedores (condición necesaria para a aceptación do premio).
Zarpamos é un proxecto promovido por Manuel García co apoio da Fundación Ronsel e dun fondo de capital risco, que involúcrase activamente na xestión dos seus proxectos iniciando un plan de seguimento específico e aproveitando as sinerxías que existen entre os distintos proxectos para asegurar o seu éxito.
Zarpamos únese ao proxecto NACCE
Compartir Este Artigo
