Este martes día 20 de novembro, de 18:30 a 20:30 horas no Auditorio Municipal de Vigo (situado na Praza do Rei, número 1), levarase a cabo un obradoiro de entrada libre, ata completar o aforo, no que se tratará o tema das Ciberviolencias e os controis das redes sociais fronte ás potencialidades que achegan á mocidade. A charla inscrita baixo o nome de Enrédamonos nas redes…?, está organizada pola Concellaría de Igualdade de Vigo e ten como obxectivo xeral previr a violencia de xénero nas redes sociais entre a mocidade.
O obradoiro correrá a cargo da formadora Ianire Estébanez Castaño, psicóloga especialista en violencia de xénero na xuventude e autora do blog Mi novio me controla… lo normal . Informar que no dito encontro abrangueranse varios contidos relacionados coa violencia de xénero nas redes: como empregan as rapazas e rapaces as redes sociais (para que, con quen,…), análise dos riscos aos que están expostos, que significa ser acosada/o polas redes, que é o cibercontrol, como se manifesta a violencia sexista a través das redes, exemplos de ciberviolencias, o uso de internet como medio para educar nunhas novas tecnoloxías en igualdade, boas prácticas para o emprego dunha linguaxe axeitada que favoreza unha boa comunicación, etc.
Vigo acolle no serán deste martes unha xornada sobre a violencia de xénero nas redes
Compartir Este Artigo
