Son Goku non
chegará só ás Nintendo DS europeas en decembro, senón que tamén terá no mesmo
mes un novo
xogo para PlayStation 2, Dragon Ball Z:
Infinite World, que combinará os elementos dos xogos DBZ: Budokai á vez que incorpora funcións
como as Dragon Missions, novos tipos
de batalles e escenas dramáticas.
Contará con máis de 40 personaxes (sen contar transformacións) e os seus
gráficos estarán bastante coidados, cuns efectos refinados e técnicas de
sombreado.
Novo xogo de Dragon Ball Z para a PS2
Compartir Este Artigo
