Unha
investigación do Sunday Herald descubriu que un hacker indio conseguiu burlar a seguridade do sistema de reservas
en liña do grupo de hoteis Best Western, vendendo os detalles de cómo acceder á
información a un grupo mafioso ruso.
Os datos roubados incluirían o nome, o enderezo, números de teléfono, detalles
da tarxeta de crédito e mesmo o posto de traballo dos clientes destes hoteis,
polo que se
estima que habería uns 8 millóns de afectados por este
ataque (pois a información almacenaba correspondía ás reservas dos
últimos 2 anos), aínda que o sistema se desactivou cando se detectou a
intrusión.
Un ataque informático podería ter acadado datos confidenciais de 8 millóns de clientes dos hoteis Best Western
Compartir Este Artigo
