O Concello de Brión vén de informar
que o vindeiro día 16 de setembro, unha unidade móbil do D.N.I da Comisaría de
Policía de Santiago de Compostela, desprazarase ata a localidade para
expedirlle o Documento Nacional de Identidade Dixital a tódolos veciños que o
precisen.
Nesta convocatoria, o cupo é
de setenta prazas, que se irán cubrindo por orde de reserva. Para pedir a cita,
os interesados deberán chamar ao teléfono 981 887 006 ou desprazarse ata as
oficinas do consistorio.
Os veciños que desexen renovar o seu Documento Nacional de Identidade terán
que presentar dúas fotos recentes en cor (tamaño carnet, de fronte e cun fondo
uniforme liso) e o DNI anterior, así como un certificado de empadroamento (nos
casos de cambio de domicilio) e un certificado do Rexistro Civil (nos casos de
variación nos datos de filiación).
Unidade móbil en Brión para expedir o DNIe sen desprazarse á capital
Compartir Este Artigo
