Caixanova vén de por en funcionamento
un servizo de compravenda de valores para móbiles, o Brokermóvil, que permite consultar e operar en bolsa dende calquera
terminal. A entidade financeira afirma que se trata dun servizo “de manexo doado, rápido, seguro e de balde”, posto que o gasto de conexión (que é o único
que se cobra) dependerá da operadora de telefonía que o usuario teña contratada.
Asemade, o Brokermóvil permite acceder
ós servizos de broker de Caixanova a
través dunha aplicación no dispositivo coas prestacións máis avanzadas da
tecnoloxía móbil, por medio de terminais móbiles como Blackberry, PDA-Smart
Phone ou Nokia serie 60/N.
Caixanova estrea o seu servizo Brokermóvil
Compartir Este Artigo
