O vindeiro venres ás 16:30 horas celebrarase unha nova edición dos Cafés de Iniciador Galicia, encontro dirixido a emprendedores e profesionais do sector tecnolóxico e afíns que se xuntan na cafetería Brit Coruña para compartir experiencias ao redor dun relator convidado, que neste caso será Beatriz Fontán, profesional con experiencia en comunicación, produción, xestión e marketing, que traballou para compañías como Grupo Prisa, El Mundo, Filmax, Ficción Producciones, Milú Films e Continental Producciones, participando tamén no desenvolvemento, coordinación e promoción do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto, asumindo tamén actualmente as tarefas de management do grupo Berrogüetto.
Os interesados en asistir a esta xuntanza informal poden comunicalo por correo electrónico, a través de Twitter (citando a @luisgrosales, @misterempresa, @ainhoa_mallo ou @iniciador_GAL) ou mediante un formulario dispoñible na páxina web de Iniciador Galicia para axudar a facer unha previsión de espazo.
Os Cafés de Iniciador Galicia volven á Coruña o venres
Compartir Este Artigo
