
O Centro de Proceso de Datos, situado na Cidade da Cultura, entrou en funcionamento o pasado mes de setembro e integrará paulatinamente as funcións dos 80 CPD da Administración autonómica. Estas plataformas carecen de capacidade de crecemento e están afectados por problemas de refrixeración, de dispoñibilidade e de consumos excesivos de enerxía eléctrica, que dificultan unha xestión eficiente. Unha situación que reverterá o CPDI, que fará posible unha Administración aberta as 24 horas do día os 365 días do ano
Mar Pereira destacou que a unificación dos servizos que actualmente prestan os 80 Centros de Proceso de Datos da Xunta no CPDI permitirá, unha vez consolidado, un aforro anual de tes millóns de euros co que se amortizará o seu custo en menos de dous anos.
A directora da AMTEGA, durante a clausura oficial do Congreso, sinalou que o Corazón Dixital de Galicia forma parte dunha estratexia tecnolóxica perfectamente definida polo Goberno galego, baseada na xestión integrada dos recursos tecnolóxicos para impulsar a innovación tecnolóxica en todos os ámbitos da administración.
Neste sentido, Mar Pereira afirmou que outra peza clave desta estratexia é a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, posta en marcha este ano, e que xunto con CPDI permitirá ao sector público desenvolver proxectos innovadores para mellorar os servizos públicos galegos e contribuír a dinamizar o sector TIC da Comunidade.
Recoñecen ao CPDI da Xunta como un dos mellores proxectos tecnolóxicos do Estado
Compartir Este Artigo
