Grazas a unha anotación
do blog de María Rosa Diez, sabemos que dos 3.831.160 usuarios de
Facebook en España, 1.972.340 son mulleres, só 223.200 son menores de idade e 2.544.180 teñen máis de 25 anos, deixando
claro o que sería o perfil habitual desta plataforma de redes sociais nas nosas
fronteiras.
Sorprende coñecer o carácter feminino de Facebook en España, aínda que
sorprende menos que só a terceira parte dos usuarios ten menos de 25 anos, pois
esa franxa de idade sería fiel a Tuenti.
En Facebook predominan as mulleres e os maiores de 25 anos
Compartir Este Artigo
