Dende o portal
ADSLzone informan de que ante o anuncio de colaboración para incluír en
terminais coma o Nokia N97 a software de voz sobre IP de Skype, as operadoras
móbiles coma Telefónica
e Orange poderían tomar medidas evitando a comercialización dos terminais
conflitivos ante a ameaza de perder ingresos por chamadas de voz.
Polo momento o aviso das operadoras
limitaríase ao Reino Unido, pero podería espallarse ao resto de Europa.
As operadoras ameazan con vetar os móbiles de Nokia que integren Skype
Compartir Este Artigo
