O vindeiro luns día 16 de marzo, a directora xeral en
funcións de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Helena Veiguela,
maila presidenta da Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as
novas Tecnoloxías (EGANET), Beatriz Legerén, presentarán en rolda de prensa a
nova Guía referencial dos salarios do
sector TIC en Galicia, a primeira destas características que se publica na
nosa Comunidade. Dita presentación terá lugar ás 12:00 horas na Galería
Sargadelos en Santiago de Compostela, a a ela tamén asistirá o responsable de
Proxectos da Consultora Vital, Marcos Carbonell.
EGANET presenta en Santiago a Guía referencial dos salarios do sector TIC en Galicia
Compartir Este Artigo
