Tras o lanzamento de Windows 8 o número de aplicacións dispoñibles a través da súa tenda de aplicacións está a medrar a un ritmo trepidante, e esta mesma semana confirman que superou a barreira das 20.000 o pasado martes, das que o 87% son de balde, fornecendo esta plataforma de software que loita por facerse un sitio nos nosos escritorios informáticos.
Nas últimas semanas a tenda de aplicacións de Windows 8 estaría a recibir unhas 453 aplicacións ao día, de xeito que debería rematar o ano con máis de 30.000 (e incluso achegarse ás 40.000), pois numerosos desenvolvedores de todo o mundo queren aproveitar as posibilidades de estar presentes no sistema operativo que virá instalado nos equipos que se vendan na campaña do Nadal, acadando unha boa posición neste mercado emerxente.
A Tenda de Windows 8 supera as 20.000 aplicacións
Compartir Este Artigo
