
Para a posta en marcha do novo centro realizouse un investimento de 90.000 euros por parte da Xunta, co financiados por Fondos FEDER, e sería o cuarto destas características sito na Comarca do Barbanza (Muros, Noia, Porto do Son e Boiro son os outros concellos adheridos á Rede CeMIT). As novas instalacións están situadas no Edificio da Escola Municipal Infantil, e están abertas a cidadáns e empresas, que poderán acceder de balde á formación en TIC que se impartirá alí a través dun completo Plan de Formación que en 2012 superou as 23.000 horas na nosa comunidade.
Ribeira incorpórase á Rede CeMIT
Compartir Este Artigo
