
Esta solución permite que pequenos e medianos comerciantes poidan empregar ferramentas de marketing propias das grandes empresas sen ter que realizar grandes investimentos nin empregar infraestruturas complexas. Está baseada nun terminal que se instalará no comercio (composto por un tablet nun soporte e cunha viseira de sinalización), tarxetas con códigos QR para facilitar que os clientes se apunten a Feirón dende o negocio e unha plataforma para deseñar campañas. As campañas están preconfiguradas en Feirón e premiarían comportamentos como visitas nunhas condicións en concreto (volver antes de 10 días, ir o sábado pola mañá, acudir con amigos…) ou realizando certos tipos de consumo (mercar un produto determinado ou realizar compras por máis dunha cantidade). As promocións remítense por correo electrónico ou mensaxe de texto ao móbil.
Os comerciantes tamén poderán dar entrada nos seus tablets aos seus provedores principais para facer campañas sobre os consumidores que acudan ás tendas onde venden os seus produtos, algo que as marcas e distribuidores agradecerán enormemente.
Compostela estrea unha plataforma dixital de marketing para o pequeno e mediano comercio
Compartir Este Artigo
