Microsoft Research leva un tempo traballando nunha plataforma social que inicialmente estaba a probarse (mediante invitación) como un sistema enfocado ao ensino e os estudantes, pero que foi evolucionando nun servizo no que a xente pode conectar e compartir intereses expresado a través de entradas cun deseño atractivo nunha liña estética que pode lembrar a Pinterest (coa diferenza de que, en vez de compartir unha imaxe independente, permite facer unha composición en baldosas con texto, imaxes e ligazóns) e que parece que está a callar nos contornos web sociais.
O novo servizo, Socl, continúa a estar en probas, pero agora está dispoñible para o público en xeral, de xeito que avanza de cara ao seu lanzamento oficial, e reparte os contidos por usuarios e temáticas de interese, contado tamén coa posibilidade de facer xuntanzas en liña (parties) que poden servir para ver vídeos en grupo mentres se realizan comentarios, polo que podemos entender que esta plataforma social busca ser algo semellante a Google+, aínda que polo momento non deixa de ser un experimento de Microsoft.
Socl, o novo experimento social de Microsoft, ábrese ao mundo
Compartir Este Artigo

