
Toda a xestión do operativo humano e tecnolóxico, informa Contactnova, permitiu á Xunta obter os datos de apertura das 4.028 mesas electorais existentes, coñecer a participación durante a xornada de votación e, ao peche das mesas, enviar os resultados do escrutinio aos equipos de captura e gravación de datos, onde se consolidaron para seren ofrecidos polas diferentes canles de difusión. Polo que atinxe á web institucional das eleccións, eleccións2012.xunta.es, foi máis que nunca unha ferramenta indispensable para atender ás crecentes demandas de información electoral da cidadanía galega, sobre todo no que se re refire a aspectos como o desenvolvemento e os aspectos fundamentais dos comicios. Asemade, rexistrouse importante actividade na descarga de documentación para os axentes involucrados no proceso, “o que supuxo un enorme aforro económico para a Xunta de Galicia”, sinalan fontes de Contactnova, que salientan, por outra banda, o feito de que a web estivese dispoñible as 24 horas e os sete días da semana para a sociedade galega.
Contactnova fai reconto do seu labor tecnolóxico e formativo nos pasados comicios autonómicos
Compartir Este Artigo
