
A II Xornada de Innovación en Xénero, Docencia e Investigación contou coa presenza, entre outras representantes femininas do tecido estatal e galego de I+D, con Cecilia Castro, catedrática da Universidade Complutense de Madrid e experta en xénero no eido das novas tecnoloxías, que amosou algúns dos principais atrancos da muller no dito ámbito: “Barreiras institucionais, unha forte cultura masculina no sector, os problemas para conciliar e os estereotipos de xénero”. Pola contra, dixo, os grupos sen diversidade de xénero falan de “falta de interese por parte da mulleres”. Estes datos son resultado dun estudo realizado polo grupo coordinado por Cecilia Castaño, que ten traballado tamén na elaboración de políticas de igualdade para o Goberno como o Plan de Acción de Igualdade de Xénero ou o Plan Estratéxico de Igualdade.
Como dixemos, o traballo de Cecilia Castaño céntrase no papel das mulleres no eido das TIC, unha contorna “tradicionalmente masculinizada”. Dende o punto de vista do “tecnofeminismo”, a catedrática subliñou que os estereotipos e os papeis de cada sexo “constrúense, non veñen dados, a clave reside na educación”, ao tempo que avogou por “romper a división de creador/usuario no campo da tecnoloxía, onde a muller pertence normalmente ao segundo grupo, para mellorar en eficiencia e que elas sexan tamén deseñadoras e creadoras de programas e software”.
Amosados en Vigo os principais atrancos cos que se atopa o tecnofeminismo
Compartir Este Artigo
