
Os encontros correrán a cargo de César Portela (Premio Nacional de Arquitectura en 1999, que fará un percorrido dixital por oito dos seus grandes proxectos desenvolvidos en madeira ao longo dos últimos anos), Juan Domingo Santos (Gran Premio Enor 2011 pola súa obra Museo da Auga de Lanjarón), o estudo Arrokabe Arquitectos e Patrizia dei Monte (que presentará a iniciativa Isto non é un solar, que leva a cabo o Concello de Zaragoza para rehabilitar solares abandonados equipándoos de valor a través do emprego de materiais sustentables e revitalizando zonas marxinais).
Para participar nestes encontros, unicamente hai que conectarse a través da devandita páxina web para seguir en directo os relatorios. A finalidade é crear un foro dixital de coñecemento no que se dean solucións construtivas sustentables.
Lignum Facile, proxecto liderado polo CMA, é unha rede profesional de coñecemento integrada por seis empresas pioneiras en innovación e deseño en madeira: Finsa, Grupo Losán, Laminados Villapol, Moblegal, Molduras do Noroeste e Portadeza, que trata de dar solucións técnicas sobre o uso da madeira na edificación.
Destacados arquitectos amosarán as súas obras nun encontro en liña a celebrar o 30 e o 31 de xaneiro
Compartir Este Artigo
