Administracións públicas e axentes do sector TIC participarán en Vigo no congreso Os retos das Cidades Intelixentes organizador por INEO no marco do proxecto IntelligenTIC que terá lugar entre os días 14 e 15 no Citexvi e no Palacio de Congresos e Exposicións.
Neste congreso, participarán destacados representantes das Administracións autonómica e central, como Piar Farjas, secretaria xeral de Sanidade e Consumo do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade; Teresa Pedrosa, delegada especial do Estado do Consorcio da Zona Franca de Vigo; Mar Pereira, directora da Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA); Ricardo Capilla, director da Axencia Galega de Innovación ou Xosé Lago, subdirector de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia. A eles, uniranse diversos axentes do sector TIC, representantes dos sectores empresariais clave para o desenvolvemento das cidades intelixentes e representantes de Smart Cities xa constituídas ou en constitución, como Valladolid, A Coruña, Ponferrada ou Vigo.
O obxectivo deste congreso é expor as chaves da estratexia europea para as cidades intelixentes e debater sobre os principais retos a curto e medio prazo nas cidades do Arco Atlántico. Principalmente, en áreas sinaladas como prioritarias nas Smart Cities españolas, como mobilidade e transporte, seguridade (física e lóxica), sanidade e accesibilidade, a xestión dos recursos naturais, a xestión da enerxía e o e-Goberno e a participación cidadá.
No Congreso organizador por INEO destacará a presentación das últimas innovacións tecnolóxicas desenvolvidas por empresas galegas e con aplicación directa nos ámbitos sinalados como prioritarios nas cidades intelixentes nos eventos demo que se celebrarán ao longo do evento.
INEO chama ao debate sobre as Smart Cities nun congreso que terá lugar a semana que vén
Compartir Este Artigo
