O competidor de WhatsApp que está a emerxer con máis forza nos últimos meses parece ser LINE, unha aplicación xaponesa con funcións de mensaxería instantánea enriquecida co envío de vídeos e mensaxes de voz, un sistema de emoticonas enriquecido (coa posibilidade de empregar gráficos de grande tamaño coñecidos como Stickers), que permite facer chamadas de VoIP de balde a través de Wi-Fi e que incluso está dispoñible para PC e Mac, vén de superar a barreira dos 100 millóns de usuarios, aínda que sen detallar can é o uso real desta plataforma que, pese a estar aínda a moita distancia de WhatsApp, é unha alternativa que gañou moita visibilidade e que suma unha media de 3 millóns de altas á semana.
A aplicación de LINE para dispositivos móbiles ofrece unha experiencia completa en iPhone e Android, mentres que as versións para Windows Phone e BlackBerry aínda teñen limitacións (non ofrecen a posibilidade de facer chamadas de voz de balde nin de adquirir lotes de Stickers). O feito de que tamén poida empregarse dende ordenadores tamén é un punto ao seu favor, pois abre o seu uso dende a oficina ou o fogar dun xeito bastante natural, na liña doutras ferramentas de mensaxería de escritorio.
Vídeo para celebrar os 100 millóns de usuarios de LINE
LINE supera os 100 millóns de usuarios
Compartir Este Artigo
