
A telefonía móbil no mes de decembro perdeu 277.347 liñas netas, destacando especialmente a caída en prepagamento (343.000 liñas) de xeito que pecharíase o ano cun total de 55,74 millóns de liñas (incluíndo voz, datos e liñas de comunicacións entre máquinas), o que supón unha caída internaual do 4,2%.
A empresa que máis perdas de liñas netas padeceu foi Movistar (con 196.500 liñas) seguida moi de preto por Vodafone (con 195.130), mentres que Orange experimentou unha caída de liñas moderada (26.780), beneficiando esta situación aos Operadores Móbiles Virtual (cun incremento de 102.790 liñas) e Yoigo (con 38.280 liñas máis).
A conxuntura actual parece estar a beneficiar especialmente ao cambio de compañía, rexistrándose a segunda mellor cifra do ano en portabilidades móbiles e fixas, con 510.000 e 184.300 intercambios respectivamente.
En 2012 perdéronse en España 2.766.000 liñas móbiles
Compartir Este Artigo
