A escolma oficial da segunda edición de Festival online Marxes ten notable presenza galega. Máis polo miúdo, atopamos tres producións da nosa terra entre a ducia de finalistas: ElectroClass de María Ruído, Nacional VI de Pela del Álamo, e Vikingland de Xurxo Chirro. Como o seu propio nome ao completo indica, Marxes é un certame con vocación dixital, posto en marcha co obxectivo duplo de ampliar os límites temporais que adoita presentar un festival con sede física e, tamén, de tirar o máximo partido das vantaxes que fornece o emprazamento en liña (entre outras, a posibilidade de crear un festival cinematográfico onde a sede é o mundo).
A maiores, semella que estamos ante un certame independente en todo o sentido da expresión. Quen busque temas e fórmulas máis propios de multisalas de centro comercial, se cadra debería petar noutra porta.
A edición deste ano, a segunda, recibiu un bo número de propostas: ata 100 películas achegadas para competir na sección oficial. A conclusión que tiran os organizadores, non só a raíz da cantidade de obras achegadas senón sobre todo da calidade, é que “outro cinema é posible”. Por certo que o festival desenvólvese en liña, pero tamén na Cineteca Matadero Madrid, entre os días 7 e 16 de marzo.
Damos conta da listaxe resultante de finalistas.
12+1, una comedia metafísica, de Chiqui Carabante
Dios Sabe, de Silvia Rey
ElectroClass, de María Ruido
La pausa, de Miguel Ángel Delgado
Los Ulises, de Agatha Maciaszek y Alberto García Ortiz
Llende, de Luis Argeo y Ramón Lluís Bande
N-VI, de Pela del Álamo
Piedad, de Otto Roca
Quantum men, de Carlos Serrano Azcona
Sé villana. La Sevilla del diablo, de María Cañas
Vikingland, de Xurxo Chirro
A sección oficial do certame en liña Marxes ten notable presenza galega
Compartir Este Artigo
