
Esta disposición de Wi-Fi na rede celular podería estar ao alcance da man dos clientes o ano vindeiro, permitindo entre outras cousas que os usuarios de smartphones e tablets muden a tecnoloxía móbil 3G a outra Wi-Fi e coa vantaxe dun “cambio imperceptible e sen que se perda cobertura”, informa a operadora dende o salón de Barcelona. Estamos, di, xusto no limiar da porta que nos dá acceso a un gran abano de servizos multimedia de última xeración. Unha boa parte disto sostense na confianza de Telefónica con respecto á devandita tecnoloxía sen fíos, ata o de agora moi empregada para estender o brazo das redes (por así dicilo, incrementar músculo), pero pouco explotada como recurso único e prioritario (non un complemento). Telefónica afirma que o valor real desta rede “verase cando estea integrada ao con por cen nas tecnoloxías móbiles baseadas no 3GPP, Proxecto Asociación de Terceira Xeración”. E engade: “A nova tecnoloxía Wi-Fi que se empregará na implantación de redes móbiles pasou ao terceiro nivel de operador, o que significa que ofrece os últimos avances e prestacións, ademais dun rendemento semellante ao do LTE, e permite ademais o roaming entre varios operadores e países”.
Telefónica amosa no Mobile World Congress o potencial de integrar Wi-Fi con 4G
Compartir Este Artigo
