A Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI) celebrará o vindeiro día 12 unha xornada sobre os Efectos da Dixitalización na Industria e nos Mercados Audiovisuais que abordará temas como os contidos transmedia, a televisión social, a innovación e creación e os hábitos de consumo. O acto, que conta coa subvención do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e co apoio de EGEDA e da USC, desenvolverase na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela entre as 10:00 e as 19:30 horas, seguindo o seguinte programa:
10:00-11:30 – Contidos transmedia e e Social TV – por Eduardo Prádanos (director CSU xxperto en Televisión social, Transmedia e novas narrativas audiovisuais, consultor e blogueiro)
12:00-13:00 – Creación e Innovación en ContidosDixitais – por José Antonio Velo (CEO de Astragalo Studio)
16:0-17:30 – Os Novos Retos: The Long Tail – por Pedro Enríquez de Salamanca (director de Innovación Creativa – Wildbytes)
18:00-19:30 – Os Hábitos do Novo Consumidor: The iPad Generation e o Fogar Dixital – por Darío Janeiro (director de contidos e publicidade multiplataforma de Cinfo)
Os interesado en acudir deben reservar a súa praza comunicando os seus datos persoais por correo electrónico antes do 8 de marzo.
