
Neste tempo Twitter converteuse nun medio de comunicación global, con grande forza en dispositivos móbiles e da que están a tirar moito proveito dende as canles de televisión como un vieiro para conectar cos seus espectadores e encamiñar conversas cara a pequena pantalla. Twitter tamén conseguiu grande relevancia á hora de dar conta de revoltas na rúa, de catástrofes, de acontecementos políticos e deportivos, de espectáculos… e, dende hai poucas semanas, tamén dispoñible en galego. Para celebrar este percorrido, publican un vídeo no que achegan algúns datos de interese e destacan moitos dos seus fitos:
Twitter celebra o seu 7º aniversario
Compartir Este Artigo
