Finalmente Twitter incorpora o galego grazas á contribución de tradutores voluntarios
mércores, 20 de febreiro do 2013
Dende
Twitter anuncian hoxe (por segunda vez) que, tras engadir o pasado verán á súa páxina web ao
catalán e ao éuscaro, agora dan o paso de trasladar esas linguas ás aplicacións
oficiais para Android e iOS, á vez que en Twitter.com incorporan o
romanés e o galego grazas á colaboración de toda unha comunidade de
tradutores que facilitaron que esta plataforma estea dispoñible en máis de 35
linguas.
Lembremos que este avance da nosa lingua en Twitter foi posible en boa medida
polas campañas que animaron aos usuarios de Twitter a solicitar a incorporación
do galego nesta plataforma (que segue aberta á incorporación de máis linguas) e
ás moitas contribucións de voluntarios que propuxeron e votaron as distintas
cadeas de texto que compoñen a interface de usuario Twitter a través do Centro de Tradución que continúa
aberto ás colaboracións, o que posibilitará que, tras a estrea do Twitter en
galego chegue logo a tradución das súas aplicacións móbiles como vén de
acontecer co catalán e o éuscaro.
- Por fin podemos configurar a páxina web de Twitter para que amose a súa interface en galego