
Máis tarde, ás 19.00 horas, terá lugar na sede da Academia un acto académico de celebración que contará coa presenza do presidente da entidade, Ernesto Vieítez, acompañado do prior da Real Abadía de Samos, José Luis Vélez (que fará un percorrido persoal pola obra e vida de Frei Feijoo), da investigadora e ex directora do Instituto Padre Feijoo da Universidade de Oviedo (Inmaculada Urzainqui) e do diretor da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela.
Sinalar que estas e outras accións de divulgación preparadas (noutras localidades galegas e ata o mes de xuño) están promovidas pola RAGC en colaboración coa Fundación Barrié. A cita deste martes en Santiago será o inicio dunha xira de espectáculos científicos que visitará Santiago, Ourense, Vigo e A Coruña, e que virá acompañado da distribución de material divulgativo entre os visitantes ao Mosteiro de Samos (Lugo) e a difusión dunha unidade didáctica a todos os centros escolares de Galicia. As actividades retomaranse o sábado 27 de abril, nos Xardíns do Padre Feijoo, en Ourense, cun evento científico na rúa dirixido a todos os públicos que terá varias sesións ao longo de toda a mañá. Asemade, desenvolveranse uns obradoiros didácticos no Colexio Padre Feijoo de Ourense o 6 de maio e no CEIP Padre Feijoo de Allariz ao día seguinte. A principios de xuño repetirase para escolares de Vigo e A Coruña nas sedes que a Fundación Barrié ten nestas dúas cidades.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) aprobou por unanimidade a elección de Feijoo para ser homenaxeado este ano polo “seu esforzo defensor e impulsor da nova ciencia baseada na razón e na experiencia e polo seu espírito crítico á hora de cuestionar dogmas e espallar as ideas científicas –enfrontándose á censura da Inquisición– mesmo entre os estratos sociais que no século XVIII tiñan un difícil acceso ao coñecemento”. Frei Feijoo naceu no pazo de Casdemiro (Pereiro de Aguiar, Ourense) en 1676.
A sede da RACG acolle este martes o inicio das celebracións arredor de Frei Feijoo e a nosa ciencia
Compartir Este Artigo
