
Lembrar que OMExpo Madrid celébrase de xeito simultáneo con outro evento relacionado, EXPO E-commerce España, constituíndo entre as dúas citas “o maior salón en España dedicado á Mercadotecnia e Negocios Dixitais, así como ao Comercio Electrónico”, informa 2Mares. E engade, facendo referencia ao potencial do evento duplo como escaparate: “OMExpo é o evento anual de referencia onde se dan cita as maiores empresas e tendas en liña cos principais provedores de e-commerce da súa categoría: tecnoloxía e-commerce, guías de compra, loxística, mercadotecnia online, relación cliente, transaccións financeiras, aspectos legais e servizos engadidos”.
O servizo Intellixente é, tal e como sinalamos no seu día, un recurso tecnolóxico para escoitar, de verdade e sen filtros nin intermediarios, a voz do noso cliente. A ferramenta ten un combustible de seu: os milleiros de opinións persoais que se verten nestes servizos de participación, en calquera das súas moitas feituras e marcas, das que Intellixente se nutre para avaliar a posición que ten unha empresa entre a sociedade, neste caso a sociedade 2.0, reflexo en boa medida fiel da anterior, aínda que con engadidos. A firma 2Mares destacou con motivo da súa presentación oficial que con este proxecto o que se desexaba era achegar algo verdadeiramente útil para facer doado e accesible o que en moitas ocasións se presenta como caro e complexo: escoitar ao cliente. “Intellixente”, informou no seu día a entidade con sede en Vigo, “é unha solución segura e fiable que en cinco pasos facilita entender ao cliente e usar a súa voz como material de aprendizaxe organizativo para a mellora de procesos; permitindo mellorar de xeito práctico e eficaz a súa escoita activa”.
2Mares acode esta semana a OMExpo (Madrid) para presentar a súa tecnoloxía de posicionamento corporativo
Compartir Este Artigo
