O pasado mes de decembro o selo galego Taptil, especializado no desenvolvemento de aplicacións para dispositivos móbiles, sorprendeu ao mundo estreando Pandeireta PRO, un simulador de pandeireta, dispoñible para iPhone e iPad, que por demanda do público vén de estrear versión para Android, dispoñible de balde en Google Play, de xeito que os usuarios de móbiles e tablets con Android 2.2 e superior poden tocar en calquera momento e lugar distintos ritmos (muiñeiras, pasodobres, xotas, rumbas…) e conseguir riscados sen esforzo.
A aplicación pode configurarse para o seu uso por parte de destros ou xergos, permite axustar a súa sensibilidade e permite activar ou desactivar funcións coma o riscado, as ferreñas e a vibración, adaptándose así aos gustos dos usuarios.
Taptil é un proxecto froito da colaboración de dúas empresas tecnolóxicas
galegas, a compostelá Sixtema e
a viguesa Hacce Soluciones TIC, que combina a
súa experiencia en desenvolvemento e deseño para crear aplicacións móbiles como
Sendegal (en versión
para iOS e Android)
e bUSCatermos.

