
Esta publicación dixital aborda temas como a moda, os deportes, os videoxogos, a televisión, a música, o cine, o cómic, a tecnoloxía… con entrevistas, reportaxes, vídeos, comics, elementos interactivos… para o que contan con numerosos colaboradores como a xente de Cálico Electrónico, Dani Lagi, os Especialistas Secundarios, Gina Tost, Francesc Grau e moitos outros.
O inicio deste proxecto parece ser bastante esperanzador, pois actualmente está na primeira posición en descargas de balde na categoría de lecer do quiosco de Apple (cómpre salientar que practicamente todas as revistas figuran como de balde, posto que a aplicación que as contén é gratuíta, cobrándose normalmente polos exemplares descargados dende a mesma) e en terceira posición na clasificación xeral, superando a publicacións consolidadas no mercado.
Esta publicación desenvolvida por La Comunitat está polo momento só dispoñible para iPad, e no verán pretende dar o salto a outras plataformas como Android e Windows Phone.
UnBreak, unha nova revista de balde para iPad
Compartir Este Artigo
