
LEME nútrese dos contidos das bases de datos de información xeográfica do Consello da Cultura Galega, coma o Mapa de Equipamentos Culturais, os Roteiros da Cultura Galega e o proxecto As Escolas da Emigración, ofrecendo no seu lanzamento máis de 6.000 localizacións distribuídas por toda Galicia e que van dende teatros e galerías de arta ata castelos e castros.
Esta nova ferramenta móbil permite facer turismo cultural seguindo o ronsel de destacados escritores, consultar espazos de celebración de eventos e mesmo explotar, anotar e compartir novos espazos culturais que o usuario considere relevantes, estando tamén aberta esta aplicación a que outras entidades poidan incorporar os seus espazos xeolocalizados, para converter a LEME nun grande centro de recursos móbil sobre a cultura de Galicia.
LEME foi desenvolvida por Taptil, equipo do que xa vimos outras aplicacións destacables como bUSCatermos, Pandeireta PRO e Sendegal.
O Consello da Cultura Galega estrea unha guía móbil de equipamentos e recursos culturais
Compartir Este Artigo

