Pode sorprende que a forte competencia non estea a minar o uso de WhatsApp a nivel mundial, pero despois de que dende a compañía asegurasen que xa moven 27.000 millóns de mensaxes ao día e o propio Jan Koum asegurase que xa son maiores que Twitter, dende The Wall Street Journal detallan agora que o servizo de mensaxería ten máis de 250 millóns de usuarios activos ao mes, confirmando así que supera os 200 millóns de usuarios estimados para Twitter.
Este volume de usuarios resulta impresionante se temos en conta que WhatsApp é unha plataforma de comunicación que naceu como aplicación móbil hai só 4 anos, e que non gastou en publicidade para darse a coñecer, xusto o contrario do que está a facer o seu competidor máis directo, LINE, que parece gañar usuarios grazas a agresivas campañas de marketing, o que podería non estar a funcionar todo o ben que parece, se vemos a relación entre usuarios que instalan unha aplicación e os que fan un uso efectivo da mesma.
Na actualidade WhatsApp non só ten que competir con LINE, senón que ten duros rivais como Skype, LINE, Facebook, Tuenti, Viber, iMessage e moitos outros, polo que resulta difícil saber se é posible que só unha destas ferramentas de comunicación que pese a trunfar como alternativas ao SMS están a converterse en moito máis.
WhatsApp supera os 250 millóns de usuarios
Compartir Este Artigo

