Mentres dende LINE presumen de ter superado os 150 millóns de usuarios, dende WhatsApp prefiren obviar o número de usuarios rexistrados, e para deixar constancia da súa importancia prefiren destacar a intensidade do seu uso, que segundo Jan Koum xa é maior que o de Twitter, o que hoxe poñen en cifras: veñen de bater unha marca con 10.000 millóns de mensaxes enviadas e 17.000 millóns de mensaxes recibidas o que sumaría un total de 27.000 millóns de mensaxes intercambiadas en 24 horas.
De tal volume de mensaxes o que podemos entender é que, pese a que moitos usuarios estean a empregar outras plataformas de comunicación como LINE, Tuenti Social Messenger, Viber ou Facebook, para á mensaxería dende o móbil WhatsApp segue a ser o rei a nivel mundial.
Cómpre destacar que en Fin de Ano o servizo de WhatsApp procesara un total de 18.000 millóns de mensaxes, e o feito de que a menos de 6 meses incrementase tal volume ata os 27.000 millóns (sen coincidir con ningunha celebración especial) temos un crecemento do seu tráfico moi importante, que indicaría tanto un aumento no número de usuarios como do uso que estes fan do servizo.
WhatsApp move xa 27.000 millóns de mensaxes ao día
Compartir Este Artigo

