
En palabras de Rick F. van der Lans, director de R20/Consultancy e autor de Data Virtualization for Business Intelligence, “a nova plataforma de Denodo amosa ás claras o nivel de madurez e sofisticación que están a acadar as solucións de virtualización de datos, poñendo de manifesto, este recurso en concreto, os beneficios deste tipo de solucións alén do eido da intelixencia nos negocios”. Así, comenta, os servizos que ofrece a nova plataforma fan posible “consumir información de forma tan sinxela como empregar un navegador”. A maiores, outra característica a ter en conta, engade, “é que os xestores da información empresarial poden empregar calquera das ferramentas de modelado de datos para facer consultas á plataforma e descubrir nela, sen necesidade de ir máis aló, entidades de datos, relacións ou datos ligados entre si”.
Esta nova versión, explica Denodo, permite ás compañías extraer e expor todas as súas fontes de coñecemento, tanto as presentes como as ata o de agora inaccesibles, incluíndo bases de datos, aplicacións, big data, cloud e fontes non estruturadas, como entidades canónicas e de negocio, expresándoas como datos enlazados (linked data) “doados de descubrir, consumir e gobernar”.
Entre as novas capacidades concretas da versión 5.0, a empresa salienta as seguintes:
· Axilización de BI e logical data warehouses, grazas a unha mellorada conectividade con fontes de datos tradicionais, analíticas e NoSQL, así como novas optimizacións de rendemento e un innovador sistema de almacenamento en caché, complementado con movementos de datos programados (ETL en caso de ser necesario).
· Aceleración do desenvolvemento de aplicacións grazas ás súas linked data services.
· Mellora na conectividade e extracción de datos Hadoop e NoSQL, “posibilitando a exposición e uso de resultados de análises complexas, decote limitados ás contornas propias destas plataformas, a toda a empresa”.
De acordo con Ángel Viña, director executivo da empresa galega, “a plataforma 5.0 de Denodo supón un punto de inflexión na evolución da virtualización de datos pola súa innovación tecnolóxica, pero sobre todo polo impacto que causa en empresas globais, e na axilidade de proceso e uso de información destas, nunha época en que o inxente volume de datos dispoñibles e a súa diversidade e complexidade son os desafíos”.
A galega Denodo presenta a versión 5.0 da súa plataforma de virtualización
Compartir Este Artigo
