A tenda de aplicacións para Windows Phone 8 recibiu hoxe a segunda aplicación de Vodafone (a anterior era o axente de xestión de flotas de terminais que comentamos hai un par de meses), que co nome de Discover estréase como unha ferramenta que permite consultar o consumo en minutos e Mbps para clientes de contrato (ou o saldo no caso de clientes de tarxeta), elixir as promocións que se amosan na pantalla principal do smartphone, activar e desactivar a conexión Wi-Fi, o Bluetooth e o modo avión do móbil e descubrir as últimas promocións de Vodafone para sacar o meirande partido posible ao smartphone.
Esta aplicación é compatible con Wi-Fi, só funciona para clientes de Vodafone e non funciona baixo Windows Phone 7.x. Temos así que Vodafone ten cada vez máis en conta un sistema operativo do que ten os principais terminais no seu catálogo (destacando por ter en exclusiva a versión de 32 Gb do Nokia Lumia 925).
Discover, a nova aplicación de Vodafone para Windows Phone 8
Compartir Este Artigo

