
O mencionado plan de financiamento permitirá adquirir móbiles básicos por 2,5 euros/mes e terminais como o Samsung GALAXY S III mini por 10 euros/mes, facendo máis doada a adquisición dun terminal sen ter que facer un gran investimento inicial.
As novas tarifas para móbiles de R serían (os prezos indicados non inclúen IVE): – tarifa 5: con 200 minutos as fins de semana, chamadas a 5 céntimos/min. durante a semana a fixos e móbiles, mensaxes de texto a 9 céntimos, 100 Mbytes de acceso á Rede por 1 euro/día e unha cota de 6 euros/mes. – tarifa 0: con chamadas a 0 céntimos/minuto a fixos e móbiles cun establecemento de 15 céntimos, mensaxes de texto a 9 céntimos e 500 Mb de tráficos de datos (que reduce a súa velocidade tras superar o límite) cunha cota de 9 euros/mes. – plana 15: con 250 minutos a fixo ou móbil, 100 mensaxes de texto, 1 Gb de tráficos de datos e unha cota de 15 euros/mes. – plana 20: con 600 minutos a fixo ou móbil, 300 mensaxes de texto, 1,5 Gb de tráfico de datos e unha cota de 20 euros/mes. – plana 30: con 1.000 minutos a fixo ou móbil, 400 mensaxes de texto, 3 Gb de datos e unha cota de 30 euros/mes.
Estas novas tarifas serán para novos clientes ou para os clientes actuais que muden de tarifa (podendo manter as tarifas actuais se o desexan).
Os cambios nas tarifas de R tamén afectarán a quen teña fixo e móbil con R, que pasará de gozar de 300 minutos ao mes a móbiles R a poder falar 1.000 minutos ao mes con móbiles R da mesma conta (facilitando a comunicación cos distintos membros do fogar).
R renova en agosto as súas tarifas móbiles
Compartir Este Artigo
