Entre as aplicacións que estes días vacacionais (ou pre-vacacionais) semellan ter máis pegada sitúase unha especialmente feita á medida de aqueles internautas que, tarde, mal e arrastro, chegan agora á Rede procurando unha viaxe de última hora e que ademais sexa barata (case nada). Pois ben, en boa medida cara a isto diríxese Buscounchollo.com, unha web que se ben non vai acadar premio algún en materia de deseño conseguiu, cunha aplicación de seu, chegar ao posto máis alto da listaxe de aplicacións de balde da App Store (dando que falar tamén en Google Play).
Trátase esta ferramenta dun outlet de viaxes en liña que só achega oportunidades e que semella competir seriamente cos grandes so sector turístico, precisamente por esa necesidade que temos (e agora máis que nunca coa crise) de atopar viaxes a baixo custe.
A web en cuestión non é nova, e este ano non fai máis que recuncar o seguimento en liña do que xa foi obxecto o ano pasado. Foi creada en 2010 baixo a lema O primeiro portal de viaxes que non che marea con ofertas, só ofrece choios. Un ano máis tarde lanzouse dende o seu seo a súa aplicación para iOS e Android, acadando dende aquela (nas súas dúas versións) máis de medio millón de descargas.
A app de Buscounchollo.com consolídase como recurso para atopar boas oportunidades en viaxes
Compartir Este Artigo
