En maio Telefónica Digital estrou a súa aplicación de mensaxería instantánea TU Me, que inicialmente chegou ao a iPhone (sorprendendo por non estar adaptada para pantallas Retina) e chegando logo tamén a Android e PC, pero este competidor de WhatsApp, LINE, Viber, Facebook Messenger e mesmo Joyn (servizo que corre o perigo de ir polo mesmo camiño) non conseguiu ningunha relevancia, pasando totalmente desapercibido para o público, o que leva a que o vindeiro 5 de setembro vaia deixar de funcionar.
Este peche parece pretender ser silencioso, aínda que tamén podería considerarse moi apoucado, xa que notificouse aos seus usuarios a través dunha mensaxe privada, sen figurar información sobre o asunto na súa páxina web oficial e desaparecendo misteriosamente tanto a súa páxina de Facebook como a súa conta de Twitter. Cando menos no foro de soporte en liña si aparece unha mención ao peche de TU Me, asegurando que aínda que peche TU Me, no Reino Unido continuarán co seu servizo irmán, TU Go, exclusivo para os clientes do operador O2.
TU Me, o sistema de mensaxería instantánea de Telefónica, bota o peche
Compartir Este Artigo

