A interface de uso dos ordenadores, móbiles e tablets de Apple pode configurarse en distintas linguas, entre as que destaca especialmente o catalán, mentres que o galego continúa ausente tanto en OS X coma en iOS, o que levou a Fernando Varela a crear unha petición en Change.org para solicitar a Tim Cook que a súa compañía teña en consideración a nosa lingua á hora de integrala no seu software como opción de idioma.
A petición considera que para unha empresa como Apple non resulta nin caro nin complicado adaptar o seu software ao galego, de aí que instan á compañía de Cupertino á súa incorporación en OS X Mavericks, iOS 7 e futuras versións dos sistemas operativos da compañía da mazá.
Piden a tradución ao galego dos sistemas operativos de Apple
Compartir Este Artigo
