Durante a visualización dos vídeos a aplicación fai un seguimento dos nosos movementosDurante a pasada noite Microsoft anunciou que os usuarios de Xbox One con subscrición Gold a Xbox LIVE poderán acceder de balde a Xbox Fitness, un extenso catálogo de vídeos as principais marcas do mundo do fitness, incluíndo Beachbody’s P90X (Tony Horton), INSANITY (Shaun T), Jillian Michaels (da que xa vimos varios videoxogos de exercicios), Tracy Anderson (creadora dun método de exercicios empregado por famosos como Gwyneth Paltrow, Victoria Beckham, Kim Kardashian e Robert Downey Jr.) e outros. Durante a visualización dos vídeos a aplicación fai un seguimento dos nosos movementosXbox Fitness estará dispoñible a partir de decembro e fará uso de Kinect, tecnoloxía coa que rexistrará as pulsacións do usuarios mentres fai exercicio físico diante da consola, analizará os músculos que se exercitan en cada actividade e realizará un seguimento da calidade dos exercicios medido o equilibrio, o ritmo e a forma. Este título busca ser un incentivo para adquirir a Xbox One nos seus primeiros meses, podendo verse a consola non só como unha máquina para xogar, senón tamén un complemento para pórse en forma dun xeito máis interactivo que os vídeos de exercicios tradicionais (conservando os seus principios).