Que Nokia é o fabricante líder na venda de dispositivos con Windows Phone 8 non é ningunha sorpresa, e que este resultado teña moito que ver coa boa aceptación que ten o seu terminal máis económico, o Nokia Lumia 520, tampouco debería abraiar, pero o que si resulta rechamante é que actualmente trátase do produto con Windows máis vendido do mundo, superando a ordenadores e tablets.
Temos así que os máis de 1.500 millóns de dólares que Microsoft investiu para popularizar Surface e Windows 8 non tiveron un resultado tan bo como poderíase agardar, mentres que o feito de vender un bo smartphone a un prezo axustado consegue unha resposta inmediata do mercado, o que en boa medida explica o interese que está a ter Microsoft nos seus produtos con Windows Phone, que mesmo a levaron a iniciar o proceso de compra de Nokia.
O Nokia Lumia 520 é o produto con Windows máis vendido do mercado
Compartir Este Artigo

