Cando boa parte do comercio está a migrar do mundo físico á Rede sorprenden algunhas iniciativas que fan todo o contrario, como o que está a acontecer no Xapón, onde están a instalar máquinas expendedoras para móbiles con Android, que presentan nunha grande pantalla unha selección de 18 xogos Free-to-Play e de pagamento que podemos adquirir para móbiles con Android 4.0 que conten con NFC.
Esta iniciativa parece carecer de sentido, pois non parece moi lóxico empregar un dispositivo físico para achegar un contido de Google Play que podemos facer en calquera lugar onde teñamos acceso á Rede dende o móbil, polo que entendemos que esta iniciativa non é máis que unha campaña promocional para popularizar Android e a tenda de aplicacións de Google no Xapón.
Estrean curiosas máquinas expendedoras de aplicacións para Android no Xapón
Compartir Este Artigo

