
A alta penetración do Internet Explorer 6 parece unha consecuencia da alta penetración do Windows XP, que pese á súa antigüidade aínda ten o 31,41% dos equipos conectados á Rede, polo que entendemos que a caída do Internet Explorer 6 responden a que nestes equipos optaron por Chrome ou Firefox para poder gozar das opcións avanzadas que achegan estas aplicacións.
O ritmo de actualización de navegadores web no caso dos sistemas operativos de Microsoft é tradicionalmente lento, de xeito que o navegador máis usado do mundo segundo Net Applications sería o Internet Explorer 8 co 21,39%, seguido polo máis moderno Internet Explorer 10 co 19,45%, que conseguiu adiantar substancialmente ao Internet Explorer 9 (9,45%), mentres que os navegadores alternativos aos de Microsoft continúan a gozar de boa saúde, cun 12,82% de cota para o Chrome 29.0 e o 11,57% para o Firefox 23. O navegador de OS X, Safari 6.0, ten que conformarse cun 3,59%, o que é consecuencia directa de ser un navegador centrado nun sistema operativo moito menos implantado que Windows.
Cómpre destacar que se non analizamos cada navegador web por versión, o Internet Explorer tería unha cota de mercado do 57,79%, o Firefox do 18,58% e o Chrome do 15,98%.
O uso de Internet Explorer 6 por fin cae por debaixo do 5%
Compartir Este Artigo

