Aínda que teñamos a percepción de que Google é a páxina web máis popular para todo o mundo, iso non é así, e en numerosos países a situación é bastante diferente, o que levou a Mark Graham e Stefano De Sabbata de Information Geographies a crear un mapa do mundo baseado en datos de Alexa do pasado 12 de agosto, pintando cada país da cor da páxina web máis visitada no seu territorio, dando a impresión de que hai unha guerra entre Google e Facebook por facerse con todo o territorio, aínda que nesta partida de Risk hai outros xogadores a ter en conta, como Baidu que domina China e Corea, e Yahoo! que trunfa no Xapón.
O feito de que Facebook consiga superar a Google como páxina máis utilizada en boa parte de América latina e de Oriente Próximo pode resultar bastante revelador, dando a entender un cambio de tendencias no uso da Rede no que as plataformas sociais están a conseguir unha relevancia maior que a web tradicional. De todos os xeitos, cómpre destacar que nos países nos que Facebook consegue imperar, Google queda nunha moi digna segunda posición, polo que continúa a manter un nivel de uso moi importante.
Elaboran un mapa coas páxinas web máis visitadas en cada país do mundo
Compartir Este Artigo

