
Ademais, “calcúlase que a riqueza en bitcoins ascende na actualidade a 2000 millóns de dólares, estando o cambio en arredor dun bitcoin por algo máis de 100 euros, aínda que a variación é grande; cada día móvense uns dez millóns de dólares con esta moeda”, comentaba o docente. Segundo apuntaba Otero: “A longo prazo vai ser un cambio na economía. Non vai substituír ao dólar ou ao euro, pois ese non é o seu cometido, pero vai ser unha alternativa para transaccións a outros países, para microtransaccións e outras operacións nas que interesa axilizar e eliminar as barreiras que existen para os pagos convencionais”.
E cal é a principal diferenza entre esta moeda dixital da tradicional? Pois o bitcoin non ten presenza física, senón que se basea nun software e nun programa en código aberto e non está abalada por ningún organismo oficial centralizado, como é o goberno dos EE.UU. (no caso do dólar) ou o Banco Central Europeo (no caso do euro).
As bitcoins pódense adquirir nun mercado de divisas virtual ou mercándollas a un vendedor delas. Créanse 25 cada dez minutos coa resolución dun problema matemático, tendo unha taxa de creación constante que imita o funcionamento dos recursos naturais. “Cando se chegue aos 21 millóns de bitcoins deixaranse de crear máis, deixarase de producir riqueza para pasar a empregarse esta moeda só para o intercambio”, salienta este ourensán que colabora no proxecto bitcoins a través da súa difusión.
O campus de Ourense celebra unha conferencia para explicar o fenómeno das bitcoins, as moedas virtuais
Compartir Este Artigo
