FACUA-Consumidores en Acción denunciou hoxe á empresaria María Rosa Díez Flaquer por facerse pasar por asesora e profesora dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado para ofertar cursos en liña de community manager, o que chega a detallar en LinkedIn, plataforma na que asegura que leva formando e asesorando á Garda Civil dende febreiro de 2009 e ao Corpo Nacional de Policía dende xaneiro de 2007, informacións que foron desmentidas polas citadas institucións.
Dende a Garda Civil aseguran ter coincidido nalgún curso, xornada ou conferencia con Díez, pero negan que ela fose a encargada de formar ao Corpo; e dende a Policía tamén negan que a denunciada impartise ningunha clase aos seus axentes nos últimos anos, asegurando que o único que lles consta é que participou como relatora nunhas xornadas (algo que farían máis dun milleiro de conferenciantes ao ano) celebradas en 2009 en Albacete (aínda que Díez publica na Rede documentos acreditativos da súa participación en devanditas xornadas sobre delincuencia tecnolóxica tamén en 2011).
Dende FACUA non só negan que Díez Flaquer sexa asesora e profesora dos Corpos de Seguridade do Estado, senón que incluso a denuncian doutras malas prácticas, como que estaría a empregar trucos para construír unha falsa reputación nas redes sociais (segundo Fakers o 74% dos seus seareiros en Twitter serían contas falsas) e os seus cursos estarían certificados por unha asociación (AEPROSOME) fundada e presidida por ela mesma (e practicamente sen actividade).
FACUA optou por pór en coñecemento as irregularidades amosadas en coñecemento dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e denunciar a María Rosa Díez Flaquer e ao seu entramado empresarial (Somos La Web S.L. e Factoría de Internet S.L.) ante a Dirección Xeral de Consumo da Comunidade de Madrid e o Instituto Nacional de Consumo por incorrer en publicidade enganosa para publicitar os seus cursos. Tamén instan a Díez a cesar as súas prácticas.
Aínda que parte dos cursos ofertados pola denunciada son de balde, coméntase que están a empregarse como plataforma para a captación de actividades de pagamento, e moitos son os que están a dar conta da reducida calidade da formación impartida por Díez e de moitas das súas malas prácticas (como crear contas falsas en Twitter para insultar e ameazar a quen a critica), creándose un rebumbio tal que converteu ao hashtag #fraudeCM en Trending Topic.
FACUA denuncia por publicidade enganosa a unha organizadora de cursos de community manager
Compartir Este Artigo

